Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com
Concello de Sarreaus
Novas de:
Últimas novas
SUBVENCIÓN INFRAESTRUCTURAS TURISTICAS
Subvención para a colocación de sinalización turística no Concello de Sarreaus, concedida pola CONSELLERIA DE CULTURA E TURISMO DE GALICIA. Turismo de Galicia o abeiro da Resolción do 26 de decembro de 2018. Sinalización con totems de benvida nas estradas de entrada o...
ler máisFESTA PERSOAS MAIORES
Comunicación apertura CASA MAIOR en Sarreaus
Datos do concello
O concello de Sarreaus está formado por nove parroquias que comprenden 77,2 quilómetros cadrados. Forma parte da comarca da Limia que está situada no centro-sur da provincia de Ourense. Polo norte linda co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.
A superficie máis montañosa áchase na parte norte, onde se sitúa a Serra de San Mamede. As terras do centro e do sur están marcadas pola depresión limiá, dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.
A rede fluvial do concello está formada polo río máis importante da comarca: o río Limia. Nado nunha das parroquias deste municipio, Paradiña, máis concretamente no monte de Talariño, suca as terras do concello de nordeste a suroeste. O resto dos regueiros do concello, como son o de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e o da Veiga, as súas augas desembocan neste río.
Son abundantes as choivas, concentrándose maiormente nos dous primeiros meses do ano e chegando a acadar un volume de 1126 mm.. No mes de agosto rexístranse as temperaturas máis elevadas e en xaneiro as máis baixas. A media anual é de 10,8º .
Horario
Horas: 9 a 15 horas
Días: de lúns a venres