A Asociación de Mulleres Rurais, nace no ano 2000, co fin de promover a participación da muller en todos os eidos da vida rural.
O obxectivo primordial é potenciar a participación cidadá e dar resposta a todas as inquedanzas, problemáticas e demandas, tanto do seu colectivo como da poboación en xeral, e dinamizar a vida do seu concello.
Na actualidade somos un total de 114 socias, representadas pola seguinte Xunta Directiva:
Presidenta: Joaquina Gómez
Vicepresidenta: Alfonsa Justo
Secretaria: Rosa Gómez
Tesoureira: Dolores Alvar
Vogais: Teresa Fernández
María Seguín
Elia Pérez
Josefa Rodríguez
¿Que Pretendemos?
Promover o asociacionismo.
Potenciar a participación das mulleres na vida política,económica, social e laboral.
Sensibilizar e informar dos dereitos da muller.
Informar sobre axudas, documentos, requisitos...para mulleres emprendedoras.
Loita pola igualdade real e efectiva da muller.
Ofrecer alternativas de ocio saudables.
Ocupar o tempo de lecer con fins lúdicos e educativos.
Promover a interculturalidade, así como a convivencia interxeracional.
¿Que Facemos?
CHarla sobre a reciclaxe.
Xornada sobre saúde e nutrición.
Curso de pintura.
Ximnasia de mantemento para a terceira idade.
Potenciación da memoria.
Curso de cociña.
Curso de conservas.
Arte floral.
Recuperación de arte tradicional: Cestería.
Saídas culturais: A Fátima, Os Milagres, Parque Natural de Cabárcenos....
Obradoiro do Entroido.
Xornada sobre a violencia de xenero.
Dinámicas de grupo.
Enderezo
Prazo de inscripción para facerse socia: Comenza o 1 de Xaneiro e remata o 30 de Marzo.