O - Carné Xove <26 é unha tarxeta persoal e intransferible quelle permite ós xóvenes, con idades comprendidas entre 12 e 25 anos, acceder a unha ampla oferta de servizos dun xeito máis económico.Tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove euro<26 está implantado.
Con este carné poden optar a descontos en cultura, espectáculos, comidas, aloxamentos, cursos, compras, viaxes, transportes, etc. e beneficiarse de amplas rebaixas por parte de establecementos e institucións.
Para poder solicitalo deberá presentar o D.N.I., cubrir un impreso de solicitude, que lle facilitaremos na OMIX, pagar unhas taxas de 6 euros en calquera entidade bancaria e adxuntar unha foto tamaño carné.
Tamén podes informarte na OMIX, de outros carnés que teñen outras ventaxas:
Carné Máis: Ten as mesmas ventaxas co Carné Xoven, pero a idade comprendida e de 26 a 30 anos.
Carné de alberguísta,
Carné de Student.
Carné Teacher,...
Desde a OMIX proporcionamos asesoramento a tódalas persoas interesadas en crear unha asociación ( ben sexa cultural, deportiva, veciñal,...).
Informarase de tódolos trámites necesarios para construir asociacións; como facer os estatutos, as actas de constitución, solicitude do CIF, solicitude da exención do IVE, etec., así como todo o referente a subvencións e axudas, organismos onde deben rexistrarse,...