Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com

Concello de Sarreaus

Novas de:

Últimas novas

«COÑECE O VERGALLEIRO DE SARREAUS»

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-4041733?t=2821 Enlace a emisión no Telexornal serán do 18/02/2019, sobre a figura do VERGALLEIRO (figura principal do Entroido de Sarreaus)...

ler máis

BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR (SAF)

Por Resolución da Alcaldía con data 28 de novembro de 2018, aprobáronse as bases de selección para proceder á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar para o Concello de Sarreaus, en réxime de persoal laboral temporal, mediante o sistema de...

ler máis

Datos do concello

 

O concello de Sarreaus está formado por nove parroquias que comprenden 77,2 quilómetros cadrados. Forma parte da comarca da Limia que está situada no centro-sur da provincia de Ourense. Polo norte linda co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.

A superficie máis montañosa áchase na parte norte, onde se sitúa a Serra de San Mamede. As terras do centro e do sur están marcadas pola depresión limiá, dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.

A rede fluvial do concello está formada polo río máis importante da comarca: o río Limia. Nado nunha das parroquias deste municipio, Paradiña, máis concretamente no monte de Talariño, suca as terras do concello de nordeste a suroeste. O resto dos regueiros do concello, como son o de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e o da Veiga, as súas augas desembocan neste río.

Son abundantes as choivas, concentrándose maiormente nos dous primeiros meses do ano e chegando a acadar un volume de 1126 mm.. No mes de agosto rexístranse as temperaturas máis elevadas e en xaneiro as máis baixas. A media anual é de 10,8º .

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.

Dirección

Praza do Toural Nº1

Sarreaus (Ourense), 32631

 

Política de privacidade

Contacto

Teléfono 988 45 40 02

Email administracion@concellosarreaus.com

Fax 988 45 43 72

Horario

Horas: 9 a 15 horas

Días: de lúns a venres