Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com
Concello de Sarreaus
Novas de:
Últimas novas
RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ILUMINACIÓN EXTERIOR EN SARREAUS II
Alumbrado publico en Portela da Quinta, Ameá, Sarreaus, Bresmaus, Tarrazo, Codosedo, Meilás, Pazos, Sas e Villariño.
PLAN MARCO 2021-2022
AXUDAS ECONÓMICAS PARA RESPONDER AO IMPACTO PROVOCADO POLA COVID-19 NAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS DO CONCELLO DE SARREAUS
O pleno deste Concello de SARREAUS celebrado o día 19 de xaneiro de 2021, acordou aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas económicas para responder ao impacto provocado polo COVID-19 nas empresas e autónomos do Concello de SARREAUS, co seguinte contido:...
Datos do concello
O concello de Sarreaus está formado por nove parroquias que comprenden 77,2 quilómetros cadrados. Forma parte da comarca da Limia que está situada no centro-sur da provincia de Ourense. Polo norte linda co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.
A superficie máis montañosa áchase na parte norte, onde se sitúa a Serra de San Mamede. As terras do centro e do sur están marcadas pola depresión limiá, dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.
A rede fluvial do concello está formada polo río máis importante da comarca: o río Limia. Nado nunha das parroquias deste municipio, Paradiña, máis concretamente no monte de Talariño, suca as terras do concello de nordeste a suroeste. O resto dos regueiros do concello, como son o de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e o da Veiga, as súas augas desembocan neste río.
Son abundantes as choivas, concentrándose maiormente nos dous primeiros meses do ano e chegando a acadar un volume de 1126 mm.. No mes de agosto rexístranse as temperaturas máis elevadas e en xaneiro as máis baixas. A media anual é de 10,8º .
Horario
Horas: 9 a 15 horas
Días: de lúns a venres