Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com

Concello de Sarreaus

Novas de:

Últimas novas

SUBVENCIÓN INFRAESTRUCTURAS TURISTICAS

Subvención para a colocación de sinalización turística no Concello de Sarreaus, concedida pola CONSELLERIA DE CULTURA E TURISMO DE GALICIA. Turismo de Galicia o abeiro da Resolción do 26 de decembro de 2018. Sinalización con totems de benvida nas estradas de entrada o...

ler máis

Banda de gaitas

escola de gaitas e percusión do concello de Sarreaus, nace alá polo setembro de 1996, con 3 mozos ó frente da mesma:

Xoan Antón Losada Soto como mestre-director da sección de percusión.( de 1996 a 2001)
Natalia Gómez Fidalgo como mestra de pandeireta e animadora-coordinadora de talleres plástico-musicais. (de 1996 a 2002)
Xurxo Gómez Fidalgo como mestre de gaita e director do colectivo dende entón.

Pero estamos no certo decindo que sería de pouco recibo esquencer o inestimable apoio e a abraiante proposición que D. Gumersindo Lamas Alvar, o gran promotor da idea, xunto coa súa corporación, lles fixo a estes tres cativos. Que inda cunha florecente actividade no mundo da gaita, de seguro nen se imaxinaban rematar neses vieiros da docencia, algo que hoxe, é parte da súa vida, das súas formacións académicas, porque dun xeito ou doutro, aquelo, foi ben seguro, un aliciente para conquerir as titulacións que hoxe cada un deles posúe.

Entre todos, e co pulo que dan os novos retos, conseguiron que fora adiante. Proba delo é, que un ano despois a banda de gaitas do concello de Sarreaus, participa na última fase da liga galega de bandas de gaitas (L.G.BB.GG) en Chantada na tempada 1997-1998, quedando na súa primera participación entre os dez primeiros do cuarto grado da competición.

Pero era o comenzo dunha banda que por méritos propios, conseguiu en anos consecutivos:

– 3º premio no cuarto grado, na IX edición (ano 98-99).
– 3º premio no terceiro grado, na X edición (ano 99-00).
– 2º premio no cuarto grado, no campeonato nacional celebrado en Manzaneda. (ano 99-00).
– 2º pemio no segundo grado, na XI edición (ano 00-01). 

Todo isto xunto con premios que outorga a Excma. Deputación Provincial de Ourense, ás mellores bandas da Provincia, co recente galardón de campiona para a Banda de Sarreaus, conseguido nesta última tempada 2005-2006 no 3º grado da competición.

Pero todo isto, é froito do esforzo de moita xente, de moitos membros, mestres e alumn@s, pais e nais, ós que lles estaremos sempre agradecidos pola paciencia e o tesón, para levar a cabo tan ardua empresa, uns que inda están dende aquela, outros que foron indo, outros que se apuntaron logo, sumado con alegrías, risas, choros, confidencias, algún que outro atranco, pero nada que o arroxo e o bo facer deste grupo non dese como reultado chegar sempre a bo porto e sen feridos.

 

Todos estes ires e vires, póñennos no momento actual, novos mestres, novas inquedanzas, confraternizacións , ¿ Que de qué falo ? moi sinxelo un novo camiño, ¡sí, sí!, esto non para . Para escomenzar, a escola de Sarreaus neste momento e dende hai uns anos, ten novo emplazamento, no antigo concello onde estamos a contar coa inestimable laboura de 2 membros fundadores da banda, que intercalan a súa actividade interpretativa, coa de mestres da escola, son:

Laura Rúa García como mestra de percusión nas seccións de pandeireta, timbal e iniciación á percusión, así como a coordinadora de actividades plastico-musicais para nen@s de 3 anos en diante, sendo xunto con Vilar de Barrio, a única oferta lúdico-musical da comarca, encamiñada ó achegamento da música e do noso folclore a nen@s tan cativ@s.

David Cid González como mestre de gaita (iniciación) dende as idades antes sinaladas. Estes dous membros da banda, fundadores, agora referente e apoio para o resto dos seus compañeiros e alumnos son, xunto con Xurxo Gómez Fidalgo, os responsables de que a Banda e a escola de gaitas sigan adiante, neste incansable andar.

Un andar que vira cara unha nova senda, a da unión coa banda de Gaitas ” A PENIZA “ do concello de Vilar de Barrio, para conquerir deste xeito unha formación máis competitiva na liga de bandas, a cal na súa primeira intervención, xa obtivo un resultado máis que aceptable, o 2º posto na primeira fase da Liga Nacional de BB.GG. celebrada en Madrid o 16 de Decembro de 2006 non está nada mal. Creada coa espectativa de realizar actuacións no exterior da nosa comunidade e a participación en actos relevantes do noso entorno máis cercano, ofertando un colectivo vistoso e onde prima, por enriba de todo, o uso de repertorio tradiconal galego, xunto con pezas de autor de hoxe e daquela, non podendo evitar chiscarlle un ollo á pezas foráneas de cando en vez.

Todo elo arranxado e interpretado con instrumentación adoptada e adaptada para este tipo de formación, conseguindo un efecto visual e sonoro realmente espectacular co apoio de percusión de alta tensión Pearl, Premier e gaitas marciais na tonalidade de Si bemol. Pero sen esquencérmonos en ningún momento das nosas orixes e sempre co respeto que merecen os nosos predecesores e formacións que co decorrer do tempo permitiron que chegara ata nós algo tan marabilloso como é a gaita e o que conleva, ledicia, festa, compartir, celebrar, todo elo acompañado con percusións que a tradición nos foi deparando, tamborís, bombos, bombos con platillo, como evolución no acompañameto, charrascos, pandeiretas, tarrañolas, con instrumentos que o saber e o inxenio popular souberon reciclar para disfrute da festa, da xuntanza, como culleres, cunchas de vieira, botellas de anís e todo o que servise para apuntarse a eso, ¡Á festa!. Algo que estes mozos e mozas teñen moi presente e que tentan compaxinar con ese outro xeito de presentalo noso folclore, dando alboradas nos patróns das aldeas pertencentes os seus respectivos concellos e participando en romerías con gaitas tradicionais en Do e percusión tradicional, en formacións máis reducidas de cuartetos e quintetos.

 

Como responsables do grupo fusionado V. Barrio – Sarreaus estamos:

Xurxo Gómez Fidalgo como director musical.
Xoan Antón Losada Soto como director da sección rítmica.

Como coordinadora na sección rítmica de Sarreaus :

Laura Rúa García ( Pandeiretas e Timbais ).

Como mestre de apoio na sección melódica de Sarreaus :

David Cid González (Segundas voces).

Aproveito agora, a oportunidade de agradecerlle o esforzo e a ilusión a todas as partes involucradas, por arrimalo hombreiro para levar adiante esta marabillosa idea, especialmente ás bandas e ós seus compoñentes, “Sarreaus” e ” A Peniza “ de Vilar de Barrio, así como á asociación que representan, ós alcaldes e ás súas corporacións respectivas e como non, a “Manolita” polo seu incansable alento e imperecedeiro ánimo que axudan a empurrar neste barco cheo de xente, e a Xoan, con toda a admiración e respeto, por esas inagotables e espectaculares creacións, longa vida a todos eles, ás bandas por separado, en conxunto e para todos aqueles que directa ou indirectamente arriman o seu gran de area.

A TODOS POR SEMPRE PARA SEMPRE GRACIAS DE VERDADE

XURXO GÓMEZ FIDALGO, O director

 

Dirección

Praza do Toural Nº1

Sarreaus (Ourense), 32631

 

Política de privacidade

Contacto

Teléfono 988 45 40 02

Email administracion@concellosarreaus.com

Fax 988 45 43 72

Horario

Horas: 9 a 15 horas

Días: de lúns a venres