O pleno deste Concello de SARREAUS celebrado o día 19 de xaneiro de 2021, acordou aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas económicas para responder ao impacto provocado polo COVID-19 nas empresas e autónomos do Concello de SARREAUS, co seguinte contido:
Antecedentes
A pandemia do coronavirus COVID-19 xerou circunstancias extraordinarias e graves que provocan unha crise sanitaria de enorme magnitude que afectou e segue afectando aos cidadáns e familias con consecuencias sanitarias, sociais e económicas excepcionais, que requiren a adopción de medidas extraordinarias co fin de axudar a mitigalas.
Ante a crise económica e de emprego, derivada da crise sanitaria que estamos a vivir son, unha vez máis, as administracións locais as que terán que realizar un esforzo económico a maiores, exercendo as súas coartadas competencias en materia de desenvolvemento económico local e de emprego, mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar a problemática local e derivar os escasos recursos económicos dos que se dispón para mitigar, na medida das súas posibilidades, as dificultades económicas de empresas e autónomos, xurdidas desta pandemia.
A evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia creou un novo escenario social e político que implicou e implica a adopción de medidas de prevención específicas por parte dos diferentes gobernos, entre eles o ente local.
Esta medida vai acompañada dunha liña de axudas que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva aos traballadores e traballadoras autónomos e empresarios que exerzan actividade, e que estarán destinadas a minimizar o impacto económico ocasionado pola evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de SARREAUS
Para descargar as bases ou a instancia de solicitude, pinche sobre os seguintes enlaces: