Teléfono: 988 40 02. Fax: 988 45 43 72. Emailadministracion@concellosarreaus.com

Por Resolución da Alcaldía con data 28 de novembro de 2018,
aprobáronse as bases de selección para proceder á creación
dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar para
o Concello de Sarreaus, en réxime de persoal laboral temporal,
mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir os
postos dos vacantes que se produzan por enfermidade, maternidade,
vacacións etc …… e as altas que procedan de novos
usuarios.
– Modalidade de contratación: contratación laboral temporal
para obra ou servizo determinado.
– Xornada: para determinar segundo as necesidades de cada
momento.
– Sistema de selección: concurso-oposición.
– Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación.
Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 7 días contados
a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no
BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario
de 9.00 h a 14.30 h ou polas outras formas previstas na Lei
39/2015 de procedemento administrativo común das administración
públicas.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro
de anuncios do Concello de Sarreaus, situado nas oficinas
municipais e na sede electrónica.
Sarreaus, 28 de novembro de 2018. O alcalde.